A sexta onde segue a perder forza na comarca, onde só Lousame volve a rexistrar un lixeiro aumento dos contaxios. O municipio conta con 41 positivos a dúas semanas, dous máis que onte, sen embargo sete días reduce en dous os casos ata os 22. Ribeira contabiliza 308 casos a catorce días, 41 menos que onte, e 102 a unha semana, un descenso de 18. En Boiro hai 25 contaxios menos a dúas semanas para un total de 181, e a sete días baixan en 15 ata os 57.
Noia rexistra 173 positivos a catorce días, 19 menos que onte, e 58 a unha semana, 13 menos. Porto do Son conta con 17 casos menos a dúas semanas para un total de 139, e a sete días baixan en seis ata os 46. Muros ten 97 contaxios a catorce días, sete menos que na xornada anterior, e 27 a unha semana, unha caída de catro. Na Pobra caen os positivos en catro a dúas semanas para un total de 86, e a sete días baixan en dous ata os 32.
Rianxo conta con 80 casos a catorce días, oito menos que onte, e con 28 a unha semana, cinco menos. En Outes hai 57 contaxios a dúas semanas, unha caída de seis respecto a onte, e 27 a sete días, un descenso de dous.
En Galicia tamén seguen a diminuír os positivos, aínda que a un ritmo menor. Hoxe sumáronse 1.684 novos contaxios e os casos activos descenden ata os 22.395, unha caída de 100 respecto a onte. Nos hospitais galegos hai ingresadas 486 persoas por coronavirus, 23 menos que onte. En planta permanecen 461, un descenso de 23 respecto a onte, mentres que en coidados intensivo o numero non varía e seguen ingresados 25 pacientes.
