O furtivismo é un fenómeno que nos últimos meses está volvendo a emerxer e aumentar. Despois dun tempo no que parecía que a situación xa non era a de anos anteriores, os últimos feitos acontecidos na comarca volven a poñer contra ás cordas a supervivencia da ría. Este sábado arredor arredor da 1 do mediodía un veciño de Boiro foi sorprendido mentras extraía ameixa xapónica na Ribeira Grande de Cabo de Cruz. Trátase dun mariscador legal pertencente á Confraría de Cabo de Cruz que fai dúas semanas tamén protagonizou un acto de furtivismo.
