O vindeiro 23 de febreiro conmemórase o día dunha das figuras referentes da literatura galega: Rosalía de Castro. O Concello da Pobra organiza varias propostas para continuar co labor divulgativo da súa persoa, obra e legado. Unha delas xa se está a desenvolver cos rapaces dos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú que teñan entre 6 e 12 anos: trátase do xogo-concurso “As sete Rosalías”.
