O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, adiantou hoxe, durante a súa participación no I Foro de Emprendemento que a Xunta está ultimando a nova Axenda de Emprendemento. Tal e como informou Conde, a través desta folla de ruta articularanse medidas que eleven aquelas iniciativas empresariais que permiten dar a Galicia un plus en ámbitos como a innovación, a dixitalización ou a sostibilidade, prestando tamén especial atención ao emprendemento feminino.
