O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo,visitou hoxe as instalacións da empresa de madeira Xilonor, en Coirós e referiuse á madeira como un dos elementos clave da transición verde. Nese escenario avanzou que a nova Axenda de impulso da industrial forestal-madeira 2022-2024 mobilizará preto de 140 millóns de euros para modernizar a este sector e chegar a 700 empresas beneficiarias.
