Barbanza

OS CASOS DE CORONAVIRUS SEGUEN A AUMENTAR DE FORMA XERALIZADA NA COMARCA.

A sexta onda continua deixando novos casos de covid na comarca. A área sanitaria de Santiago-Barbanza contabilizou 761 novos contaxios e hai 10.700 casos activos. Ribeira contabiliza 881 positivos a dúas semanas, 38 máis que onte, e 515 a sete días, 8 máis. Boiro supera a barreira dos 600 casos a catorce días, xa que ten 608, 34 máis que no día anterior. A unha semana a cifra aumenta en 9 xa que ten 395. En Noia hai 497 positivos a dúas semanas, 21 máis que onte, e 309 a sete días, tres máis.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.