A sexta onda comenza a dar un respiro na comarca. Na área sanitaria de Santiago-Barbanza detectáronse 734 novos contaxios de covid e hai 13.343 casos activos, sen embargo a case a totalidade dos municipios da contorna ven descender os positivos. Ribeira conta con 843 contaxios a dúas semanas, sete menos que onte, e con 287 a sete días, dous menos. Boiro ten 526 positivos a catorce días, 22 menos que no día anterior, e 134 a unha semana, 20 menos. En Noia hai 342 casos a dúas semanas, 34 menos que onte, e 135 a sete días, 20 menos.
A Pobra contabiliza 280 positivos a catorce días, 14 menos que na pasada xornada, e 63 a unha semana, dez menos. Porto do Son detecta 258 casos a dúas semanas, 15 menos que onte, e 90 a sete días, 27 menos. Muros conta con 220 contaxios a catorce días, 23 menos que no día anterior, e 88 a unha semana, 12 menos. En Rianxo hai 217 positivos a dúas semanas, 15 menos que onte, e 75 a sete días, tres menos. Outes rexistra 80 casos a catorce días, trece menos, e 33 a unha semana, unha caída de 12. Lousame ten 47 contaxios a dúas semanas, tres menos que onte, mentres que a sete días a cifra aumentou lixeiramente xa que hai 23 casos, tres máis que onte.
Galicia sumou nas últimas horas 3.592 novos positivos e hai un total de 76.276 casos activos. Nos hospitais galegos permanecen 508 persoas ingresadas por coronavirus. 453 atópanse en planta, 9 menos que onte, e 55 están en coidados intensivos, sete máis que na xornada anterior.