A oferta de cursos segue a ser menor que a demanda, e as listas de espera para revalidar certificados imprescindibles para mariños e mariñeiros persisten, o que fai que a Mariña Mercante volva a prorrogar a validez de diversos cursos. Con esta medida pretenden impedir que paren barcos, porque seus triuplantes non tiveran a opción de renovar as súas acreditacións profesionais.
Un dos cursos que lle vai a vencer a máis de 81.000 traballadores é a formación básica en seguridade. Aos admitidos en cursos de revalidación cuxos títulos venceran a partir do 2020 validaráselle un máximo de doce meses os de formación básica en seguridade, embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos, rápidos e avanzado en loita contra incendios. Esta medida tamén se extende a seis títulos exixidos en petroileiros, por exemplo. É o caso dos de formación básica en operacións de carga, avanzada do buque de tanque ou avanzada de buqes do código IGF.
