Os contaxios de coronavirus seguen aumentando co paso das xornadas. No último día detectáronse 1.006 contaxios na área sanitaria de Santiago- Barbanza, onde hai 10.567 casos activos. Ribeira é o concello que máis positivos suma. Hoxe conta con 801 a dúas semanas, 50 máis que os rexistrados onte, e 550 a sete días, 16 máis. Boiro suma 25 contaxios a catorce días e ten 636, e a unha semana conta con 390, catro menos que onte. En Noia hai 28 novos contaxios a dúas semanas para un total de 384 e a sete días 206, 15 menos. A Pobra rompe coa barreira dos 300 e conta con 306 casos a catorce días, 18 máis que na xornada anterior. Sen embargo a unha semana ten 216, cinco menos.
Porto do Son suma nas últimas horas 36 novos positivos a dúas semanas e ten 217, mentres que a sete días conta con 166, dez máis. Rianxo rexistra 258 contaxios a catorce días, 15 máis que o día anterior, e 142 a unha semana, 11 menos. Muros detecta 255 positivos a dúas semanas, 22 máis que onte, e 131 a sete días, 12 menos. En Outes hai 85 casos a catorce días, dez máis que na xornada anterior, e 47 a unha semana, 5 máis. Lousame conta con 57 positivos a dúas semanas, tres máis que onte, e 24 a sete días, seis menos.
Galicia rexistra 4.910 novos contaxios de coronavirus e ten un total de 5.456 casos activos. Nos hospitais autonómicos permanecen 354 persoas ingresadas por covid, 19 menos que onte. En planta permanecen 298, 20 menos, mentres que en coidados intensivos hai 56 persoas ingresadas, unha máis que na xornada anterior.