A sexta onda non alcanzou aínda o seu pico de contaxios. Na área sanitaria de Santiago-Barbanza detectáronse 315 novos contaxios e hai 9.297 casos activos. O concello da comarca que máis positivos ten é Ribeira, que conta con 699 a dúas semanas e 552 a sete días. En Boiro hai 600 casos a catorce días e 413 a unha semana. Noia contabiliza 339 positivos a dúas semanas e a sete días 229. A Pobra suma 278 contaxios a catorce días e 231 a unha semana. En Rianxo rexístranse 232 positivos a dúas semanas e 161 a sete días. Porto do Son conta con 229 contaxios a catorce días e 180 a unha semana. Muros permanece con 220 casos a dúas semanas e 147 a sete días.