Barbanza

O ANO REMATARÁ CON NOVAS MEDIDAS. O COMITÉ CLÍNICO ACORDOU O PECHE DA HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN Á 1 E HABERÁ UN TOQUE DE NON QUEDA ENTRE AS 2 E AS 6 DA MAÑÁ.

Os máis de 3.400 casos diarios de covid detectados hoxe Galicia, que se suman a un aumento constante de contaxios que se veñen rexistrando, propiciaron unha serie de novas medidas propostas polo comité clínico para intentar reducir o número de positivos. As medidas estarán en vigor, en principio, entre o 30 de decembro e o 18 de xaneiro e foron anunciadas esta mañá polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.