Un ano máis a Lotería de Nadal non deixa ningún gran premio na comarca. O ano pasado o concello de Noia vendera varios boletos do quinto premio, polo que un belisco quedou na contorna. Desta vez ningún dos primeiros premios viaxou ata o Barbanza.
O número que se levou o Gordo da Lotería de Nadal foi o 86.148, que estivo moi repartido en toda España. Na estación de Atocha, en Madrid, vendéronse 129 series do número gañador, e tamén nas provincias de Las Palmas, Cantabria e Huelva.
O 72,119 correspondeu ao segundo premio da lotaría, que se vendeu de forma practicamente íntegra en Basauri, Bizkaia. O terceiro premio foi para o 19.517, dotado de 50.000 euros por décimo, e que tocou en Valencia, Calella, Granollers, almería e Badajoz. Os cuartos premios foron para o 91.179 e o 42.833. o primeiro número deixou 15,7 millóns de euros na Illa e máis de 7,5 euros en Caldas. Os quintos premios cantados no sorteo foron o 89.109, 34.345, 89.053, 69.457, 92.052, 70.316, 26.711 y 24.198.