A sexta onda segue a deixar a súa pegada na comarca. Os casos increméntanse en varios municipios, entre eles Ribeira, onde se superou a barreira dos 90. O concello conta con 93 contaxios a dúas semanas, mentres que a sete días a cifra ascende ata os 67. Boiro rexistra 55 positivos a catorce días e 40 a unha semana. En Noia volveuse a producir un pequeno repunte e hoxe hai 53 casos a dúas semanas e 38 a sete días. A Pobra ten 46 contaxios a catorce días e 25 a unha semana.
En Porto do Son hai 26 positivos a dúas semanas, mentres que a sete días a cifra non sobe dos 16. Muros conta con 24 contaxios a catorce días e 16 a unha semana. Rianxo tamén incrementa o número de casos e supera a decena: hoxe conta con 13 casos a dúas semanas e 12 a sete días. Outes suma 10 positivos a catorce días, mentres que a unha semana segue contando con entre un e nove. Esos son tamén os casos que continúa a haber en Lousame.
En Galicia detectáronse nas últimas 24 horas 1.337 novos contaxios e os casos activos ascenden a 15.856. Nos hospitais galegos hai 292 persoas ingresadas por covid, 241 permanecen en planta mentres que 51 están en coidados intensivos.