O Grupo Parlamentario Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común interpuxo unha denuncia contra varios altos cargos da Xunta de Galicia a iniciativa do deputado Antón Gómez Reino e asinada por varios colectivos medioambientais: Ecoloxistas en Acción Galiza, Plataforma pola Defensa do Mar da Comarca Muros-Noia, Asociación Ambiental e Cultural Tralapena e a Fundación Montescola. O deputado galego afirma que a contaminación producida pola mina de San Finx atenta contra a saúde das persoas.