A sexta onda segue deixando novos contaxios na contorna, aínda que non en todos os concellos. Outes e Rianxo teñen unha xornada máis entre un e nove casos nos dous rexistros, mentres que Lousame tamén conta con entre un e nove positivos, baixando dos 11 casos que tiña a dúas semanas. Ribeira superou a barreira dos 60 positivos e hoxe conta con 62 a cartorce días, catro máis que onte. A unha semana ten 34, cinco máis que no día anterior. Os casos seguen escalando en Noia, que suma catro e xa conta con 52 a dúas semanas e 25 a sete días, sete máis.