O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu hoxe á entrega dos Premios Artesanía de Galicia 2021, onde recordou que o número de obradoiros abertos aumentou nesta última década un 65% e o número de artesás un 18%. Feijóo destacou a artesanía galega como o mellor escaparate de Galicia.
