O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, supervisaron esta mañá as obras de mellora do pavillón municipal Pilar Barreiro Senra. As actuacións contaron cun investimento de 49.800 euros, dos cales a Secretaría Xeral para o Deporte aportou 40.000. A través da obra renováronse varios aspectos do pavillón.