Barbanza

A BORRASCA BARRA CHEGA ÁS COSTAS DA COMARCA.

O primeiro ciclón bomba está a deixar a súa pegada na comarca. A borrasca Barra obrigou a activar varios avisos dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia para hoxe e mañá: as provincias da Coruña e Lugo están en alerta amarela por choiva e vento. A borrasca deixou a súa maior pegada esta mañá con chuvias persistentes. Na estación de Corrubedo acumuláronse 19 litros por metro cadrado, mentes que na estación que ten Meteogalicia na Muralla, en Lousame, a chuvia acumulada superou os 60 litros por metro cadrado. Na de Cespón a chuvia acumulada chegou aos 62,1 litros por metro cadrado.
O vento tamén se fixo notar durante a xornada. A estación da Muralla rexistrou un refacho máximo de 81,9 quilómetros por hora, e nas de Corrubedo e Cespón chegaron aos 62,6 e 49,7 quilómetros por hora respectivamente.
A situación do mar é complicada, xa que a baixada das presións produce ventos moi fortes no Atlántico que xera un mar bravo, xa que ademais hai mareas vivas.
Para mañá agárdase a chegada de aire frío, que provocará chaparróns, saraiba e tormentas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.