20 noviembre, 2026

A XUNTA E RED ELÉCTRICA AVALÍAN OS PROXECTOS E INVESTIMENTOS QUE PERMITIRÁN CUBRIR AS NOVAS NECESIDADES DA INDUSTRIA GALEGA

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta de Red Eléctrica de España (REE), Beatriz Corredor, na que se abordaron os proxectos e investimentos necesarios para que Galicia poida afrontar a transición enerxética e contar cun servizo de calidade que garanta a competitividade do tecido empresarial galego. Feijóo trasladou a importancia de incluír na planificación do período 2021-2026 tanto a subestación de Vigo como as necesidades dos novos proxectos que se poidan desenvolver no porto exterior da Coruña.
O presidente tamén fixo chegar o interese da Comunidade de contar coas infraestruturas necesarias para seguir avanzando no desenvolvemento eólico tanto terrestre como mariño.
Con estas solicitudes, a Xunta pretende conseguir unha planificación que se adapte ás novas necesidades industriais e de xeración de enerxía coas que Galicia quere facer fronte á transición enerxética, xa que se trata de infraestruturas clave para impulsar a recuperación económica

Related posts

AS POLÍTICAS DE IGUALDADE CENTRARON O DEBATE NA SESIÓN DE CONTROL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CloudyX

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DEFENDEU EN SANTIAGO A SÚA PROPOSTA PARA PRESIDIR ESPAÑA

CloudyX