No día de hoxe fíxose público o fallo contra o barbanzá acusado de abusar sexualmente da filla menor da súa exparella. O home é condenado deste xeito a cinco anos e dez meses de prisión, logo de que os maxistrados deran validez á versión da menor, que dicía que desde os oitos anos levaba sufrindo abusos sexuais por esta persoa.
Ademais imponse ao acusado seis anos de liberdade vixilada e inhabilitación de calquera profesión que conleve contacto regular e directo con menores de idade, durante 9 anos. Tamén é condenado a unha orde de alexamento e prohibición de comunicación coa víctima durante 10 anos.
A víctima denunciou os feitos logo de que un dos seus profesores lle preguntase qué lle pasaba cando durante un recreo se apartou dos seus compañeiros e comezou a chorar.