Barbanza

OS CASOS SOBEN EN NOIA ATA OS 44 E MANTÉÑENSE ESTABLES NO RESTO DA COMARCA.

Os contaxios seguen a producirse no concello de Noia, onde soben unha xornada máis. Contabilízanse 44 casos a catorce días, oito máis que onte, e a unha semana hai 40, seis máis que na xornada anterior. No resto da comarca as cousas seguen na mesma liña. Ribeira conta con 10 positivos a catorce día e a unha semana a cifra mantense entre un e nove. Boiro, Muros, A Pobra, Rianxo, Porto do Son, Outes e Lousame rexistran entre un e nove casos a unha semana e a catorce días.
En Galicia os casos aumentan un día máis. Nas últimas horas contabilizáronse 501 novos contaxios e a cifra de casos activos elévase ata os 3.573. Os ingresos en hospitais tamén se incrementan e hoxe hai 105. En planta atópanse 93 pacientes, sete máis que onte, mentres que en coidados intensivos permanecen 12 ingresados.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.