Barbanza

OS CONTAXIOS ELÉVANSE EN NOIA ATA OS 36, NO RESTO DA COMARCA MANTÉÑENSE ESTABLES.

A evolución dos positivos contense na comarca, agás en Noia. O municipio conta con gromos en no CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso, no Felipe de Castro e no Jaime Balmes e os casos seguen subindo. Hoxe hai 36 a dúas semanas, seis máis que onte, e 34 a sete días, cinco máis. Ribeira, Boiro, Muros, A Pobra, Rianxo, Porto do Son, Outes e Lousame teñen entre un e nove casos a unha semana e a catorce días.
En Galicia os contaxios aumentaron máis notablemente, xa que nas últimas 24 horas detectáronse 373 novos. En total hai 3.168 casos activos. Tamén se rexistrou unha maior presión hospitalaria xa que hai 98 persoas ingresadas. En planta atópanse 86 pacientes, 15 máis que onte, mentres que 12 permanecen en coidados intensivos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.