A sesión do pleno do Parlamento galego estivo marcada por dous temas expostos polos portavoces do PSdeG-PSOE e do BNG: a adaptación do Estatuto de Autonomía á actualidade e blindar a industria e a atención primaria. Caballero sinalou que é preciso que o Estatuto da Autonomía mire para o futuro e pediu a súa actualización.
