O presidente da Xunta asistiu hoxe ao acto de entrega do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais para centros educativos non universitarios, polo 25N-Día internacional contra a violencia de xénero. Aí incidiu na importancia da prevención e de educar en igualdade para gañar a loita contra a violencia de xénero.
