O Concello de Lousame está a investir 25.000 euros no acondicionamento da pista polideportiva existente en Vilacoba. Unhas obras que están sendo executadas pola empresa Pavimentos Noia, obras y contratas SL e que están financiadas polo Concello de Lousame, que conta cunha achega da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. A actuación englobar a reparación do pavimento nas zonas danadas, a colocación de 612 metros cadrados de peche de malla e incluindo portas de acceso e retirada do peche existente.