Os casos de coronavirus aumentan no Barbanza de forma máis controlada. Noia suma dous positivos máis e conta con 30 casos a dúas semanas e 29 a unha semana. Boiro, Muros, A Pobra, Rianxo, Outes e Lousame seguen rexistrando entre un e nove casos a dúas semanas e a sete días, mentres que Porto do Son suma entre un e nove positivos tan só a catorce días. Ribeira ten hoxe 10 positivos a dúas semanas, dous menos que onte, e entre un e nove a sete días.
En Galicia aumentan os contaxios, pero a un ritmo inferior. Nas últimas 24 horas detectáronse 237 e hai 2.871 casos activos. Ante este incremento de positivos, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron unha reunión cos representares da hostalería galega na que acordaron solicitar o certificado covid para acceder aos locais.