O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou, este mediodía, o Foro Santiago. Camino de consenso como exemplo da política útil para consensuar o financiamento autonómico, priorizar a demografía e garantir que os fondos europeos Next Generation cheguen á economía real.
