O Teatro Cine Elma pobrense será escenario dunha gala de presentación das curtametraxes realizadas polas persoas usuarias do centro ocupacional do CAD. As curtas presentadas o próximo 27 de novembro a partir das 19:00 horas, son coas que competiron no OUFF Escola de Ourense, xunto con outros corenta e cinco colexios e asociacións de toda Galicia.
