19 noviembre, 2026

OS CONTAXIOS AUMENTAN LIXEIRAMENTE NA COMARCA E EN GALICIA

A evolución dos contaxios na comarca rexistrou nas últimas horas un lixeiro incremento. Por primeira vez dende o 26 de setembro contabilízanse máis de 10 casos en Ribeira. O concello ten 11 casos rexistrados a dúas semanas, mentres que a unha semana contan con entre un e nove casos. Boiro, Muros, Noia, Rianxo e Outes teñen entre un e nove casos a catorce días e a unha semana. Porto do Son conta con entre un e nove contaxios só a dúas semanas mentres que A Pobra e Lousame seguen libres de covid.
En Galcia a situación sigue empeorando. Nas últimas 24 horas sumáronse 294 novos positivos e hai un total de 1.975 casos activos. Nos hospitais galegos hai ingresadas 47 persoas con coronavirus, cinco máis que onte, e hai 12 en coidados intensivos. Ademais, o Tribunal Superior de Xistiza de Galicia vén de aprobar a medida proposta pola Xunta, polo que se pedirá o pasaporte covid para visitar aos pacientes nos hospitais como medida para evitar contaxios.

Related posts

ALLEGUE RECLAMOU AO GOBERNO CENTRAL A PARÁLISE DA SUBA DOS PREZOS DA AP-9 PARA O 2027

CloudyX

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX