Veciños de a conlleira reclaman vivendas dignas

Veciños do barrio chabolista de A Conlleira, en Riveira, piden ó alcalde a través dun excrito axuda para arranxar as vivendas nas que segundo explican , están nunha lamentable situación. Trátase de sete familias con fillos menores de 11 meses, 1 , 3 , 6 e 8 anos, segundo explicou a matriarca, viven en chabolas sen auga, nen luz, non contan con rúas asfaltadas nen co servizo de recollida de lixo. Situación na que levan, en algúns casos, medio século.

Estas familias solicitan que o concello adecente o poblado e as súas vivendas, ou de non ser así, piden ser realoxados. Os veciños do barrio chabolista de A Coenlleira, deron conta da súa situación ante o Valedor do Pobo , e mesmo reinvidicaron mediante un escrito enviado ó Director Xeral del Instituto Galego de Vivenda e Solo a posibilidade de dispoñer de viviendas que lle permitan vivir cun mínimo de dignidade.

Dona Pilar vive cunha paga de 360 euros mensuais e non pode sufragar os gastos de reparación da vivenda, os ses parentes viven en situación similar.

A situación conprícase máis se cabe, durante o inverno, xa que a auga inunda o terreo, e os rapaces conviven coa lama e as ratas.

https://www.youtube.com/watch?v=Dd8fiN5TFy0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.