Os casos de coronavirus na comarca aumentan lixeiramente. Onte había tres concellos libres do virus, pero esa cifra reduciuse xa que só Outes non suma ningún contaxio. Ribeira e Muros volven a contar con positivos: teñen entre un e nove a catorce días e a unha semana. Eses datos tamén se dan nos concellos de Boiro, Noia, Rianxo e Porto do Son. Mentres que A Pobra e Lousame contan con entre un e nove casos a dúas semanas, pero non rexistraron ningún nos últimos sete días.
En Galicia os contaxios seguen crecendo. Hoxe contabilizáronse 76 novos positivos, 22 máis que onte. En total hai 798 casos activos. Nos hospitais galegos hai ingresadas 29 persoas con coronavirus, unha menos que onte. Sen embargo en coidados intensivos hai 10 pacientes, un máis que na xornada anterior.