Os positivos por coronavirus aumentan lixeiramente na comarca. Hoxe Porto do Son conta con novos casos logo de estar dende o 8 de outubro libre de covid. Ten entre un e nove casos a dúas semanas e tamén a sete días. Boiro, Noia e A Pobra suman tamén entre un e nove contaxios nos dous rexistros. Ribeira, Rianxo e Lousame contabilizan entre un e nove positivos só a catorce días. Muros e Outes son os únicos concellos libres de covid.