Os casos séguense producindo na comarca. Boiro, que levaba dez días sen contar cun contaxio, volve a rexistralos. Suma entre un e nove a catorce días e a unha semana. Deste xeito únese aos concellos de Ribeira, Rianxo e Noia. O que mellorou a súa situación é o de Outes, que hoxe non ten positivos a unha semana. Sen embargo sigue tendo entre un e nove a catorce días. Nesa mesma situación atópanse os municipios de A Pobra e Muros. As únicas localidades que están libres de covid son Porto do Son e Lousame.