O 26 de outubro é o día do Dano Cerebral Adquirido. Dende o 2007 este día converteuse nun espazo para a reivindicación das inquedanzas e necesidades de atención das familias e persoas con esta doenza. A asociación Sarela achegouse hoxe ao Hospital do Barbanza para dar a coñecer a enfermidade.