A evolución dos positivos na comarca rexistra un pequeno descenso. Os concellos de Ribeira, Muros, Noia e Outes seguen contando con casos tanto a unha semana como a catorce días. Os datos continúan reflectindo entre un e nove contaxios. Na Pobra a situación mellorou, xa que na última semana non se detectaron novos positivos. Sen embargo a catorce días hai entre un e nove casos. Onde non cambian as cousas é en Boiro, Rianxo, Porto do Son e Lousame, que seguen libres de covid.