Pequeno paso atrás no referente aos contaxios de covid. A Pobra, tras dous días libre de coronavirus, volve a sumar positivos. Conta con entre un e nove a dúas semanas e tamén a sete días. Nesa mesma situación continúan Noia, Ribeira e Outes.
Por outra banda, Boiro segue a rexistrar casos nos últimos catorce días, concretamente entre un e nove. Sen embargo a unha semana non ten ningún. Polo momento, os concellos de Muros, Rianxo, Porto do Son e Lousame non suman ningún contaxio.