O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abriu o Debate do Estado da Autonomía agradecendo todas as mostras de afecto mandadas polo falecemento do conselleiro Valeriano Martínez. Feijóo trasladou os últimos datos sobre os contaxios de covid e avanzou que a próxima semana levantarase a situación de emerxencia sanitaria que declarou o goberno galego o 13 de marzo. O responsable da Xunta tamén anunciou que o vindeiro curso as escolas infantís en Galicia serán totalmente gratuítas.
