Como cada ano o concello de Ribeira ven de presentar a ampla programación cultural elaborada para o mes das letras. A tenente de alcalde Fabiola García foi a encargada de desgranar a programación, na que cabe destacar o XXIV Certame Literario das Letras Galegas “Manuel María” que se convoca nas modalidades de poesía, prosa e cómic destinado a alumnos de entre 7 e 13 anos. A Entrega de premios terá lugar o 19 de maio.
O Día das Letras Galegas, martes 17 de maio NO Parque do Conservatorio de Música de Aguiño (R/ Castelao).
Parque de inchables e música, de 16:00 a 19:00 h.
Xornada de Debuxo Infantil (con agasallos para os participantes), de 17 a 19 h.
Espectacular actuación de ROI SIXTO, ás 19:00 h.
Entrada gratuita ata encher aforo.
Organiza: ACRV Francisco Lorenzo Mariño.
Colabora: Concellería de Cultura.
Do 24 ao 27 de maio no Auditorio Municipal de Riveira
XIX MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE RIVEIRA
Información nos programas de man e www.riveira.gal
Organiza Concellería de Cultura. Colabora: Asociación Cultural Alfaia.




