A Deputación da Coruña e o Concello de Muros sumaron forzas para realizar varias actuacións no municipio. As obras, que se desenvolverán na parroquia de Serres e na rúa do Cabo, atópanse en fase de licitación e contarán cun orzamento de 218.000 euros, con cargo ao Plan Único provincial.
