Barbanza

TÓDOLOS CONCELLOS DA COMARCA REXISTRARON MENOS DE 10 CASOS NA ÚLTIMA SEMANA. EN GALICIA AS HOSPITALIZACIÓNS REDÚCENSE CONSIDERABLEMENTE

A situación da covid na comarca do Barbanza segue mellorando. Nos últimos días estanse a rexistrar importantes baixadas nos casos activos, e a día de hoxe tódolos municipios atópanse por debaixo dos 10 positivos a 7 días. No caso de Noia, a Pobra do Caramiñal,Rianxo, Lousame e Outes non rexistaron ningún caso a unha semana. Outes e Rianxo, son os únicos concellos que se atopan libres do virus tanto a unha como a dúas semanas. O resto de municipios a dúas semanas atópanse tamén entre 1 e 9 casos, a excepción de Boiro que rexistrou unha suba ata os 13 casos a 14 días. No día de onte, A Xunta de Galicia iniciou na residencia Porta do Camiño de Santiago, a administración das terceiras doses da vacina da covid, nas persoas usuarias dos centros sociosanitarios galegos, para continuar no resto de Galicia. A maioría dos veciños da comarca móstranse dispostos a recibir esta terceira dose de reforzo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.