O IES Fontexería de Muros mudará o seu aspecto. A intervención no centro vén de ser licitada e conta cun orzamento de máis de 1,4 millóns de euros. A través dela mellorarase a eficiencia enerxética coa substitución da cuberta existente, a instalación de illamento térmico e o cambio na carpintería exterior por unha de aluminio. Así o afirmou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na visita que realizou ao instituto.
