A sesión do pleno do Parlamento de Galicia xirou entre dous temas expostos polos voceiros do PS de G-PSOE e do BNG: a atención primaria e o certificado covid nos restaurantes e bares galegos. Gonzálo Caballero reclamoulle ao presidente da Xunta a solución dos problemas dos galegos como a saturación da atención primaria.
