O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodriguez refiriuse ao Plan Recupera fomentado pola Xunta, como un programa que conta cunha plantilla de máis de 4.000 profesionais, entre especialistas e orientadores, cuxa función é a de axudar a quen o precise para evitar que saian do sistema educativo sen titulación. Este plan está dotado de 1.250 profesores novos de reforzo, 250 máis que o curso pasado.
