A evolución da covid19 mellorou ao botar á vista atrás. Hai un ano as familias tiñan medo de mandar aos seus fillos á escola polo que puidera pasar nas aulas, a pesar das medidas tomadas para prever os contaxios. Un ano despois o escenario mudou: coñécese algo máis do virus, as medidas levadas a cabo o ano pasado vólvense a dar e os maiores de 12 anos contan cunha dose da vacina ou coa pauta completa.