O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe en Laxe que a Xunta aprobou este ano 55 proxectos presentados polas confrarías galegas para modernizar portos, lonxas e lugares de desembarque. Durante unha visita ao peirao de Laxe para comprobar a fase final das obras da dragaxe do porto, Feijóo asegurou que as dragaxes son obras difíciles e complexas, pero moi necesarias para dar seguridade á xente que traballa no porto.
