Por quinto ano consecutivo desenvólvese nos Xardíns de Valle-Inclán A nosa feira, unha iniciativa posta en marcha dende a Concellería da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal. Esta actividade ten como principal finalidade o apoio ao sector do comercio, ademais de supoñer un atractivo turístico para a vila.
