Barbanza

A DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE CONCELLOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO DA RÍA DE MUROS NOIA REÚNESE CO DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA PARA PRESENTARLLE O ESTADO DO CAMIÑO

Os alcaldes da Asociación de Concellos do Camiño da ría de Muros Noia reuníronse co Delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, para abordar distintos aspectos relativos ao Camiño da Ría de Muros Noia que son competencia de organismos estatais.

Á reunión asistiron a alcaldesa de Lousame e presidenta da asociación Teresa Villaverde, o alcalde de Noia, Santiago Freire, a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, entre outros.

En palabras da presidenta da Asociación de Concellos do Camiño, Teresa Villaverde, a reunión tiña dous obxectivos: presentarlle ao Delegado, como representante do goberno en Galicia, a Asociación e o estado do Camiño da Ría de Muros Noia. Tamén informaron ao delegado das xestións que se ían a por en marcha fronte a organismos estatais no ámbito das infraestruturas viarias, Instituto Nacional de Estadística, Instituto Geográfico Nacional e Correos, relacionadas co Camiño.

Outro capítulo da reunión tivo que ver co estudo de posibles vías de financiación de proxectos vinculados ao Camiño.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.