Barbanza

Diminúen os casos considerablemente en Ribeira. A Xunta aproba novas restricións para a hostalería que entrarán en vigor o martes.

A situación da Covid na comarca segue a mellorar. Logo dun fin de semana con unha tendencia á baixa dos casos activos, este luns volvéronse a rexistrar datos esperanzadores para a Barbanza. O Concello de Ribeira vén de baixar as cifras a 14 días ata os 92, seis menos ca onte, e a 37 a unha semana, 4 menos. A Pobra do Caramiñal conta con 14 casos a dúas semanas, tres menos ca onte, e a 7 días xa se sitúa por debaixo dos 10, mantendo así a boa tendencia dos últimos días. Pola súa banda, Boiro segue nunha situación delicada, mais continúa o seu descenso en positivos a un ritmo lento. A 14 días conta con 79 casos, un menos ca onte, mentres que a unha semana conta con 40, un menos tamén. Ademais, na última semana en Boiro, a Policía Local propuxo sanción para 12 persoas, 11 delas por manter reunións con non convivientes nun espazo público e de madrugada, e unha polo uso incorrecto da máscara en interiores.  A melloría das cifras na comarca non pasan desapercibidas para os cidadáns, mais moitos deles pensan que fai falla máis responsabilidade para que a situación mellore aínda máis.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.