Barbanza

Mellora a situación na maioría dos municipios da comarca. Ribeira segue a ser a localidade que máis casos suma. En Galicia, o casos baixan en 560, o máximo desta quinta onda

A Covid 19 continúa descendendo pouco a pouco en Galicia. A situación volve a mellorar en tódalas áreas galegas, e os casos activos descenderon en 560, a maior baixada ata o momento desde o pico de 18.964 casos que houbo o 1 de agosto. O número de casos totais a día de hoxe sitúase por debaixo dos 16 mil, con 266 hospitalizados e por primeira vez na quinta onda, Galicia ten menos ingresados en UCI, con 51, que unha semana atrás. Nas últimas 24 horas tivéronse que lamentar outros 5 falecementos comunicados por Sergas. O Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, valorou a melloría da Covid en Galicia, mais fixo un chamamento á cidadanía de seguir mantendo as medidas anticovid.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.