A Xunta licitou o contrato de explotación e mantemento da depuradora da Pobra do Caramiñal para os vindeiros 2 anos. O contrato ten como finalidade que as instalacións cumpran os obxectivos da depuración en condicións óptimas de funcionamento. O alcalde da Pobra desgranou as actividades a realizar por parte do Concello.
